Inicio do espacio web Acerca FBA-Consulting Formación para profesionais sanitarios Xestión  sanitaria Xestión da calidade

SOBRE FBA Consulting

Sobre nós
FBA Newsletter

FBA Consulting é unha firma de consultoría sanitaria radicada en Santiago de Compostela e cun ámbito de actuación nacional.

Os seus fundadores formáronse en xestión sanitaria en Estados Unidos, onde realizaron cadanseu master de xestión sanitaria en New York University e desenvolvéndose profesionalmente en xestión e calidade hospitalaria en centros líderes de Nova York. Tras acumular experiencia durante máis de dez anos, decidiron crear FBA Consulting para aplicar as ferramentas máis modernas de xestión en España.

FBA ten como misión colaborar con organizacións sanitarias para proporcionar ferramentas de xestión e calidade. Con elo contribuímos a aumentar a eficacia e eficiencia dos centros, ó mesmo tempo que a satisfacción dos usuarios.

A visión de FBA é colaborar cos seus clientes para obter unha maior eficacia nos mecanismos de xestión e unha satisfacción de usuarios óptima. Queremos colaborar coa sociedade para ter unha mellor prestación sanitaria tanto para as institucións como para os consumidores finais.

FBA é membro de AENOR, e foi considerada unha IEBTS (Empresa de base tecnolóxica) pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de la Xunta de Galicia. Está inscrita no Rexistro de Contratistas da Consellería de Industria.


FBA Newsletter

Cada trimestre elaboramos un boletín con artigos de fondo sobre temas de interese para hospitais e noticias de actualidade. O boletín distribúese gratuitamente entre os nosos clientes.

Algún dos temas que foron tratados nos números anteriores son:

  • A importancia da satisfacción dos traballadores: A satisfacción dos pacientes depende da satisfacción dos traballadores. ¿Ou viceversa?
  • Tendencias e ferramentas en control de xestión para a toma de decisións
  • Actuar sobre o importante para os pacientes: O índice de prioridade
  • ¿A quen se debe realizar enquisas de satisfacción? ¿Ós pacientes ingresados? ¿de consultas externas? ¿Urxencias?

Se é Vd. un dos nosos clientes e todavía non recibe a FBA Newsletter, póñase en contacto con nós é enviarémoslla inmediatamente.

Asimesmo, pode baixar en formato PDF (Adobe Acrobat) un monográfico da nosa FBA newsletter sobre a ISO 9001:2000 en sanidade [en castelán].

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


  Conoza os nosos proxectos Servicios ó farmacéutico Servicios ás clínicas odontolóxicas Contacte connosco