Sistema de triage Manchester
FBA Consulting é distribuidor do aplicativo informático do sistema de triage Manchester en España.
Envíenos un correo electrónico ou chámenos por teléfono para maior información.

O sistema de priorización de urxencias hospitalarias:
A escala Sistema de Triage Manchester (MTS), é o froito da integración, no ano 1996, de tódolos sistemas de triage que existían en Inglaterra, e actualmente utilízase na meirande parte dos hospitais ingleses. A escala MTS, clasifica ó doente que chega a un área de urxencias en 52 motivos diferentes. Dentro de cada motivo desplégase unha árbore de fluxo de preguntas na que a contestación é sempre Sí/Non. Despois de tres ou catro preguntas clasifica ó doente en cinco categorías, cada unha delas tradúcese nun código de cor e un tempo máximo de atención, o que permite priorizar ó doente en función da gravidade e sobre todo, obxetivar clínicamente a decisión de priorización. .
ESTADO |
TEMPO MÁXIMO |
COR |
Crítico |
0 minutos |
Vermello |
Emerxencia |
10 minutos |
Laranxa |
Urxencia |
60 minutos |
Amarelo |
Estándar |
120 minutos |
Verde |
Non urxente |
240 minutos |
Azul |
Na actualidade traballouse e validouse unha plataforma informática baseada nol Sistema Manchester de Triage. Este sistema, totalmente optimizado para ser utilizado por DUEs ou facultativos, é un programa de moi doado uso que conleva uns elevados beneficios ó utilizar un triage efectivo dende o primeiro momento.
A informatización e implantación dunha ferramenta coma o MTS nun área de urxencias, permite aumenta-la facilidade e rapidez de aplicación, atenua a variabilidade ínter observador e permite obter estatísticas a tempo real para adecua-los medios ás necesidades reais e os recursos ás desviacións puntuais.
Ventaxas:
Para os pacientes da área de urxencias::
Proporciona información clara ó doente sobre o seu estado e mailo tempo aproximado de espera, gañando en satisfacción do usuario. Tamén se convirte no entorno idóneo para realizar tarefas de educación sanitaria, diminuíndo a ansiedade e nerviosismo do doente.
Crea un primeiro contacto da súa demanda coa estructura sanitaria, outorgándolle unha resposta clara en función do seu estado de saúde.
Atende antes ó máis grave. Xera confianza no sistema.
Para o servizo de urxencias
Orienta os fluxos de doentes en función da súa gravidade clínica.
Permite, en calquera momento do ciclo de traballo, a reordenación de recursos na área de urxencias en función da demanda.
Xera información útil para a orientación dos recursos que debe dispo-la área de urxencias.
Crea estatísticas de tempos de demora segundo escalas de priorización clínica.
Para a dirección do centro e o servizo de xestión da calidade
Ofrece unha resposta eficaz, baseada no doente e na gravidade clínica, a un problema como é a xestión de doentes na área de urxencias.
Van ser DUEs e non facultativos os que realicen a triage..
Permite realizar controis de calidade dos tempos de espera.
Permite realizar políticas dirixidas a dotar de recursos estables á área de urxencias en función da gravidade e tipoloxía dos casos vistos. Supón un avance nas estratexias de mellora da calidade.
Aumenta a satisfacción dos usuarios do servicio de urxencias
Implantación:
O aplicativo informático foi implantado en máis de 50 hospitais en España e máis de 100 en toda Europa. Os centros onde están implantados en España son:
Agència Valenciana de Salut (22 hospitales)
Servicio de Salud del Principado de Asturias SESPA (9 hospitales)
Servizo Galego de Saúde (14 hospitales, en implantación)
Hospital Universitario 12 de Octubre (Madrid)
Hospital Clínico San Carlos (Madrid)
Hospital General de Móstoles (Madrid)
Hospital Gregorio Marañón (Madrid)
Hospital de Getafe (Madrid)
Hospital Universitario Virgen de las Nieves (Granada)
Fundación Hospital de Jove (Gijón, Asturias)
