Modelos de xestión da calidade basados na ISO 9001:2008
ISO 9001:2008 e FBA Consulting:
É unha norma flexible, que promove a adopción dun enfoque baseado en procesos. A norma ISO 9001 non pretende proporcionar uniformidade na estructura dos sistemas de xestión da calidade ou na documentación, senón que se adapta a cada sector ou ámbito.
Permítese a certificación de organizacións enteiras (un hospital ou clínica), ainda que a miúdo se certifican servicios ou departamentos individuais. O traballo cara a creación dun sistema de xestión da calidade baseado na ISO 9001:2000 é un antecedente idóneo cara o modelo de excelencia EFQM.
As directrices para a mellora dos procesos nas organizacións sanitarias ven marcado pola UNE 66924 IN.
.
Experiencia:
O noso equipo de consultores especializado na ISO 9001:2000, que inclúe auditores internos e externos, colaborou con hospitais e organizacións sanitarias para implantar sistemas de xestión da calidade baseado na norma ISO 9001 en numerosos servicios:
Área cirúrxica
Farmacia hospitalaria
Hemodiálise
Central de esterilización (Ver revista "Esterilización y Asepsia", n° 47, sobre a certificación dunha central de esterilización)
Laboratorio (microbioloxía, análise clínico, anatomía patolóxica...)
Diagnóstico por imaxe
Admisión
Clínicas odontolóxicas...
Ventaxas:
As principais ventaxas da implantación dun sistema de xestión da calidade baseado na ISO 9001:2000 inclúen:
Aumento da satisfacción e confianza dos pacientes: Os centros que implantaron sistemas de xestión da calidade poden demostrar aumentos na satisfacción dos pacientes gracias á asistencia e servicio proporcionado. Ademais, é o certificado con maior recoñecemento por parte dos usuarios, ó ser recoñecido polo seu compromiso coa calidade do servicio.
Reducción dos costes debidos a erros e queixas: A través do rediseño de prácticas e sistemas ineficientes, os centros cun sistema de xestión da calidade poden aforrar unha cantidade superior á do coste de implantación. A implantación final de sistemas de xestión da calidade poden mostrar a reducción de costes debido a erros, queixas e reprocesos ata un 75% nos primeiros 3 anos de implementación.
Mellora dos resultados xerais do servicio ou departamento: Os centros cun sistema de xestión da calidade soen obter un efecto positivo nos indicadores do rendemento do equipo: menor número de baixas por enfermidade, menor rotación de persoal, menos queixas do persoal e un aumento da cooperación.
Permite maior tempo clínico gracias á simplificación dos procesos de xestión e administración: Un sistema formal de calidade reduce o tempo necesario para administración e xestión gracias ó aumento da delegación e á reducción de perdas de tempo clínico durante o día. Ademais, un sistema de calidade formal engade valor ó facilitar e simplificar os procesos de administración e de dirección.
Entrevista:
Pode descargar unha copia do número 7 da nosa FBA Newsletter no que se entrevista ó Dr. Carlos Millán, responsable do Plan de Calidade do Hospital do Meixoeiro e onde relata a súa experiencia coa ISO 9001:2000. (arquivo en Adobe Acrobat, en castelán)
AENOR:
FBA Consulting é membro de AENOR, a principal entidade española adicada ó desenvolvemento da normalización e maila certificación en tódolos sectores industriais e de servicios.

