|
Dende o comezo da actividade de FBA Consulting, o sector da farmacia
ocupou un lugar destacado dentro das liñas de traballo. Realizamos
unha serie de actividades nas que os profesionais da Farmacia foron os
protagonistas, tanto no ámbito da xestión da calidade como
no de formación.
Entre os servicios específicos para a área de farmacia,
destacamos
Certificación
ISO 9001:2000
Temos experiencia na Certificación ISO 9001:2000
en farmacias. A certificación ISO 9001, ademais de proporcionar
un prestixio e unha garantía de calidade para os seus usuarios,
ofrece á oficina de farmacia ou farmacia hospitalaria a simplicación
dos procesos de xestión e administración, reducindo erros
e costes.
Formación
Un elevado número da oferta formativa de FBA Consulting está
dirixida ós profesionais farmacéuticos, como o curso co-organizado
coa Universidade de Santiago, "Mellora da xestión e márketing
da oficina de farmacia: a práctica do día a día".
Máis información na nosa páxina de formación.
Enquisas de satisfacción
de usuarios
As enquisas de satisfacción de usuarios,
tanto na farmacia hospitalaria como nas oficinas de farmacia ofrecen
unha información moi interesante sobre tendencias e oportunidades
de mellora.
Mystery shopping
As oficinas de farmacia que apostan pola xestión da calidade
e a excelencia utilizan os estudios de mystery
shopping para detectar oportunidades de mellora e identificar e
correxir posibles erros que non son percibidos por estudios cuantitativos
como as enquisas de satisfacción.
Espacios web
O espacio web das oficinas de farmacia é
un dos mecanismos de promoción entre os usuarios cunha maior
proxección para os próximos anos, e unha ferramenta para
distinguirse da competencia.
En calquera caso, e para estes ou outros servicios, contáctenos
para axudalo a ter un servicio máis rendible e de maior calidade.
|