|
A
externalización
Tanto ccomo se o seu hospital xa ten unha unidade de xestión da
calidade pero necesita unha orientación profesional, como se desexa
implantar un plan de xestión da calidade que sexa coste-efectivo,
pode contar coa axuda dos nosos expertos con preparación internacional.
¿Que lle ofrece FBA-Consulting
para xestionar a calidade do seu hospital?
Os nosos consultores guiarano por un proceso que consta de:
- Deseño dun plan de xestión da calidade axeitado
para o hospital ou organización. Paralelamente, axudaremos a
identificar a misión, visión, e valores do hospital.
- Auditorías de áreas específicas ou de
todo o hospital
- Recomendación e participación na redacción de
manuais, procedimentos, especificacións ou outros documentos
que necesitan ser creados ou rectificados.
- Xestión total e continuada no tempo de enquisas
de satisfacción de pacientes (ingresados, consultas externas,
urxencias...) e de cliente interno con
índices de prioridade para a mellora da xestión.
- Preparación a corto prazo dunha ou varias áreas do seu
hospital para a certificación ISO 9001:2000
ó mesmo tempo que se prepara a medio prazo para a EFQM
ou JCIA.
- Selección de indicadores, seguimento e creación de informes
mensuais, trimestrais e anuais.
- Formación de formadores e formación
específica de xestión da calidade.
- Auditar anualmente toda a organización para asegurarse de que
a implantación do plan de calidade está sendo efectuado
de xeito correcto.
O noso obxectivo é asegurar que o seu
hospital manteña un sistema que, cun mantemento doado pola súa
parte, sexa coste-efectivo e axeitado ás súas necesidades.
Resultados
Na seguinte gráfica, pode comprobar un exemplo de externalización
do servicio de calidade dun hospital:

Mediante a certificación ISO 9001:2000 de diferentes servicios
(unha media dun por ano), búscase a medio prazo o selo EFQM de
excelencia.
|

|