Modelo de excelencia EFQM
EFQM y FBA Consulting:
EFQM é un modelo de excelencia baseado na autoevaluación, na visión que teñen da empresa os seus propios integrantes.
A misión da Fundación Europea para a Xestión da Calidade é ser a forza que impulsa a excelencia nas organizacións europeas de maneira sostida cun obxectivo, lograr un mundo no que as organizacións europeas sobresaian pola súa excelencia.
A misión de FBA Consulting é potenciar a eficacia e eficiencia das organizacións sanitarias a través de ferramentas de xestión como o propio modelo EFQM.
Equipo:
Temos un equipo de consultores acreditados polo Club de Evaluadores de Xestión como evaluadores asociados. Esto permite participar como asociado en procesos de evaluación EFQM en organizacións. Unido ó noso especial coñecemento de hospitais e organizacións sanitarias, esto maximiza a oportunidade de FBA Consulting e a EFQM.
Realizamos diagnósticos, asesoramento e desenvolvemento de plans de xestión integral, tanto en departamentos e servicios individuais como en toda a organización, con dous obxectivos:
Aa mellora dos resultados do servizo / organización
A obtención dun selo de excelencia.
Resultados:
A nosa labor de consultoría vaille a permitir desenvolver áreas para que a súa organización obteña
Un aforro de tempo e cartos empregados en seleccionar distintos métodos e tácticas de xestión da calidade.
A construcción dun sistema uniforme e común, garantindo e mellorando a validez e fiabilidade dos datos que utiliza para a súa xestión.
Mellora na seguridade dos seus pacientes.
Moitos dos nosos clientes acuden ó modelo de EFQM tras ter obtido a certificación ISO 9001:2000 e ter sentado as bases de xestión da calidade por procesos nos seus centros. Entendemos que a EFQM é unha prolongación natural do compromiso coa calidade cara a excelencia.

