|
As clínicas dentais é un sector no que FBA Consulting especializou
unha das súas liñas de traballo.
Ó longo dos últimos anos desenvolvemos toda unha amplia
gama de servicios orientados específicamente cara o sector das
clínicas dentais, un sector no que cada vez máis estase
apostando pola xestión da calidade e a satisfacción dos
usuarios.
Entre os servicios específicos para as clínicas dentais,
destacamos:
Enquisas de satisfacción
de pacientes
A nosa enquisa de satisfacción de
pacientes foi deseñada e validada específicamente
para clínicas dentais. Dispoñemos ademais dun benchmarking
para que a súa clínica se poida comparar coa media da
nosa base de datos.
ISO 9001
Temos experiencia na Certificación ISO 9001:2000
para clínicas dentais. A certificación ISO 9001, ademais
de proporcionar un prestixio e unha garantía de calidade para
os seus pacientes, ofrece á clínica a simplicación
dos procesos de xestión e administración, reducindo erros
e costes.
Mystery shopping
As clínicas dentais que apostan pola xestión da calidade
e maila excelencia utilizan os estudios de mystery
shopping para detectar oportunidades de mellora e identificar e
correxir posibles erros que non son percibidos por estudios cuantitativos
como as enquisas de satisfacción.
Estudios de marketing
Os estudios de marketing utilízanse
para promocionar novos servicios ou incentivar a utilización
da clínica nun determinado segmento da población, tanto
xeográfica como sociodemográfica.
Estudios de rendabilidade
As clínicas dentais cunha xestión moderna utilizan os
estudios de rendabilidade para identificar
as prácticas (liñas de actividade ou convenios con aseguradoras)
que deben potenciar ou, en aqueles casos nos que se considere abrir
unha nova liña, estimar a súa posible rendabilidade futura.
Espacios web
Os espacios web das clínicas dentais
son un dos mecanismos de comunicación e promoción entre
os usuarios que terán maior proxección nos próximos
anos, xa que existe a tendencia crecente de buscar e localizar resposta
a problemas clínicos na rede.
En calquera caso, e para estos u outros servicios, contáctenos
para axudalo a ter un servicio máis rendible e de maior calidade.
|