Formación ofrecida
Relación de cursos:
Tódolos nosos cursos están concebidos desde unha orientación práctica, nos que se incentiva a participación e maila interacción, mediante a posta en común, o uso de vídeos e xogos de rol.
Cursos de xestión da calidade:
Control estatístico da calidade na empresa
Introducción ó estudio do control da calidade e variabilidade no ambiente sanitario. Estudios de gráficos de control e o seu uso na área asistencial. Análise de mostraxe.
Deseño e implementación dun método de medición da satisfacción de clientes
Curso para que directivos e xerentes aprendan as técnicas de deseño e medición da satisfacción dos seus clientes.
Representación gráfica para a toma de decisións
Curso para que directivos e xerentes poidan comprender as técnicas de representación gráfica e aprendan a utilizar números e gráficos na toma de decisións.
Ferramentas para grupos de mellora
Seminario dirixido a profesionais da sanidade que desexen aprender a implementar grupos de mellora incluíndo as ferramentas de xestión da calidade.
Os gráficos de control de calidade
Os gráficos de control (o control charts) son a ferramenta máis útil para os estudios estatísticos de xestión de calidade e de seguemento de indicadores como os utilizados nos laboratorios de análises clínicos, farmacia hospitalaria, atención primaria, vixilancia de infeccións nosocomiais, ou de xestión en atención especializada ou primaria. Este curso consta de dúas partes: unha teórica e outra práctica, cun ordenador por asistente.
Cursos de xestión hospitalaria:
Desenvolvemento de cadros de mando para a dirección dunha organización sanitaria
Seminario para que directivos e xerentes comprendan a metodoloxía de construcción dun cadro de mando coa mellor selección de indicadores dende a perspectiva de integración da información e o seu equilibrio. O curso seguirá a técnica balanced scorecard ou cadro de mando integral (CMI) con software.
Xestión de proxectos
Aprendizaxe de técnicas para a organización, planificación e control de proxectos. Coñecemento do tratamento da información, riscos nas negociacións e o entorno, etc.
Benchmarking: Técnicas de identificación de mellores prácticas
Seminario para aprender a identificar e implementar mellores prácticas en sanidade. Defínense estratexias completas de búsqueda e identificación de mellores prácticas e provisión dos recursos e ferramentas necesarios para unha rápida implantación nunha empresa: cuestionarios, técnicas de búsqueda de mellores prácticas, e desenvolvemento de estratexias a curto e longo prazo de xestión baseado no benchmarking.
Atención ó cliente
Curso destinado ó persoal dos servicios de atención ó cliente que busque acadar un servicio e trato ó público excelente..
Cursos ad-hoc:
Preparamos cursos ad-hoc nas liñas de xestión e xestión da calidade. Póñase en contacto connosco se desexa maior información nestes ou outros cursos.
Máis información en formación inhouse.
