Cadro de mando integral
Cadro de mando integral
O Cadro de Mando Integral, CMI, ou Balanced Scorecard, permite á súa organización poder integrar os indicadores financieiros máis tradicionais xunto con outras medidas de xestión máis modernas pero que non poden ser cuantificadas por instrumentos exclusivamente financieiros.
Estos indicadores inclúen:
a calidade percibida
os recursos humanos
as inversións en tecnoloxía e capacidades
Por iso realizamos consultoría de implantación do CMI cun software específico, Decide Soft, para a realización de cadros de mando integrais totalmente adaptados ás necesidades da súa organización.
Ventaxas:
Un cadro de mando pódese implantar nunha organización, nun servicio ou departamento, ou nunha área de xestión. En calquera caso, vaille permitir:
Coñece-lo resultado global e por áreas ou servicios da súa organización, obtendo en todo momento unha visión total
Máxima flexibilidade. DecideSoft permítelle unha completa adaptabilidade na construcción do CMI. Temos un extenso pool de indicadores utilizado normalmente nas organizacións sanitarias para asistilo na construcción do CMI.
Controlar con sinxeleza ónde se pode mellorar
Incorpora-la visión estratéxica da súa organización ó seu cadro de mando.
Producto:
FBA Consulting ofrece o desenvolvemento, a criación e mailomantemento dun Cadro de Mandos Integrado. O CMI é totalmente específico á súa organización e está directamente ligado á súa estratexia e visión, a longo e medio prazo.
Como parte da criación do CMI, FBA Consulting colaborará con membros da súa organización na identificación de indicadores financieiros, de coñecemento do cliente, de proceso, de crecimento e aprendizaxe.
