| |
 |
|
|
[Balanced
Scorecard]
|
PRIMEIRO SOFTWARE
EN GALEGO PARA A COMPLETA
REALIZACIÓN DE CADROS DE MANDO INTEGRAL
|
|
FAQ
(Preguntas comúns) sobre ol Cadro de Mando Integral
O Cadro de Mando
Integral: Unha introducción
O Cadro de Mando
Integral, CMI, permítelle realizar un seguimento integrado da súa
organización, equilibrando a xestión cos obxectivos, as prioridades,
e mailos resultados reais.
Co CMI, a súa
empresa poderá integra-los indicadores financieiros máis tradicionais
xunto con medidas de xestión máis modernas coma a calidade percibida,
os recursos humanos ou as inversións en tecnoloxía e capacidades
e que non poden ser cuantificadas por instrumentos exlusivamente financieiros.
 |
Figura
1: Representación da estructura dun Cadro de Mando Integral |
Beneficios
Co
novo Cadro de Mando Integral, a súa organización gañará
en:
- ENFOQUE de prioridades
- SINXELEZA de
análise
- RAPIDEZ nas decisións
Ventaxas
do Cadro de Mando Integral
- Co CMI poderá
identificar doadamente as súas prioridades
de xestión
- O seu equipo
de xestión disporá de informes mensuais
totalmente actualizados que lle indicarán as áreas nas que a
súa organización está acadando os obxectivos
previstos para a consecución da estratexia
da súa organización
- Sinxeleza na
análise de resultados da súa capacidade
de xestión
Transforme
o seu Cadro de Mando clásico (CM) nun moderno Cadro de Mando Integral
(CMI)
Se a súa organización
xa posúe un cadro de mando clásico interesaralle coñecer
qué ventaxas lle pode aporta-lo CMI:
- INCORPORE a visión
estratéxica da súa compañía ó seu cadro
de mandos
- ALINEE os obxectivos
á estratexia de posicionamento no mercado da súa empresa
- EQUILIBRE e INTEGRE
o seu cadro de mando
- Inclúa
indicadores de atención ó cliente e de desenvolvemento
interno e proceso que non aparecen no seu cadro de mandos clásico
- CUANTIFIQUE doadamente
o resultado global da súa organización
- CONTROLE con
sinxeleza en qué está fallando a súa empresa
- IDENTIFIQUE e
mida aqueles aspectos críticos da súa organización
que non aparecen no cadro de mandos clásico